O videoclip Vampiros do grupo NAO gañador do Venres con Música

Todos os venres de novembro e decembro o alumnado e profesorado de Chapela (quendas de mañá e tarde) participou neste mundialiño de videoclips en galego votando en urna o tema que pasaría á seguinte fase.

A intensa final foi o venres 8 de xaneiro cunha dura loita entre un clásico da canción en galego (Eu o que quero é xamón de Aerolineas federales e Miguel Costas) e o vídeo Vampiros do grupo Nao que finalmente resultou vencedor.IMG_6574

Día da ciencia en galego: videoconferencia

videoconferenciaO mércores 4 de outubro celebraremos un ano máis o Día da Ciencia en Galego para deixar claro que na nosa lingua se fai ciencia e se fala de ciencia igual que en calquera outra lingua.
Nesta ocasión o alumnado do IES de Chapela dos cursos de 3º ESO A, 4º ESO, 1º Bacharelato e 1º do CS de Ed. Infantil asisitirá, xunto con outras 6400 persoas de 106 centros educativos de Galiza, á videoconferencia organizada pola Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística.
A videoconferencia, co título “A Máquina que constrúe a mente e a realidade” estará impartida polo investigador en neurociencia Xurxo Mariño.

Luís Prego en Chapela

O pasado venres o alumnado do CS de Educación infantil do IES de Chapela, xunto coas nenas e nenos de infantil dos Colexios da parroquia, asisitiron a un interesante obradoiro de música tradicional con Luís Prego, promovido polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Redondela.
foto

Monoulius DOP: gañadores do martes con música con “Quero morrer en Jalisia”

A comunidade educativa do IES de Chapela, despois de 7 sesións eliminatorias, escolleu como gañador do concurso de videoclips Martes con música ao vídeo Quero morrer en Jalisia do grupo Monoulius DOP.

Aquí podes consultar o resultado de cada votación e o proceso eliminatorio no que participaron 8 videoclips de música en galego:

resultado martes con música