O galego non para

 

O día 18 de novembro de 2016, a comunidade educativa do IES Chapela (Redondela – GALIZA) gravou o seu particular “mannequin challenge” polo galego. En menos de 15 minutos 120 persoas puxémonos de acordo para berrar alto e claro a todo o país que O GALEGO NON PARA, e que non estamos dispostos e dispostas a que a nosa lingua se conxele como un obxecto de museo. A música, o baile, a literatura, a xeografía, o pensamento, a gastronomía, o deporte, a chuvia… no marco dos muros dun instituto cuberto de Rosalía, Castelao e Celso Emilio, para dicirvos a todas e a todos con humor, mais en serio, que SEMPRE EN CHAPELA, SEMPRE EN GALEGO.

O videoclip Vampiros do grupo NAO gañador do Venres con Música

Todos os venres de novembro e decembro o alumnado e profesorado de Chapela (quendas de mañá e tarde) participou neste mundialiño de videoclips en galego votando en urna o tema que pasaría á seguinte fase.

A intensa final foi o venres 8 de xaneiro cunha dura loita entre un clásico da canción en galego (Eu o que quero é xamón de Aerolineas federales e Miguel Costas) e o vídeo Vampiros do grupo Nao que finalmente resultou vencedor.IMG_6574

Día da ciencia en galego: videoconferencia

videoconferenciaO mércores 4 de outubro celebraremos un ano máis o Día da Ciencia en Galego para deixar claro que na nosa lingua se fai ciencia e se fala de ciencia igual que en calquera outra lingua.
Nesta ocasión o alumnado do IES de Chapela dos cursos de 3º ESO A, 4º ESO, 1º Bacharelato e 1º do CS de Ed. Infantil asisitirá, xunto con outras 6400 persoas de 106 centros educativos de Galiza, á videoconferencia organizada pola Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística.
A videoconferencia, co título “A Máquina que constrúe a mente e a realidade” estará impartida polo investigador en neurociencia Xurxo Mariño.