Curtas

Participantes no I concurso de microcurtas do IES Chapela

Curta 1: E LOGHO TI…DE QUEN VES SENDO?
 
 
Curta 2: CACHÁRONNOS NAS PATACAS.

Curta 3: E DE SÚPETO…TI.

3 reflexións sobre “Curtas

  1. Bases do concurso:
    1.Quen pode participar?: Todo o alumnado do IES Chapela en equipos dun máximo de catro persoas.
    2.Temática: Trátase de facer unha curta de ficción ou documental en galego que versará arredor dunha “expresión moi galega” ou “dunha palabra galega” que sexa do gusto do equipo. Por exemplo: expresións que se din na túa casa como..“mátame camión”, “malo será”, etc. ou falar de palabras que teñan moito significado para vos como poden ser… “morriña”, “ledicia”, etc.
    3.Duración: máximo 3 minutos.
    4.Soporte:Poderá utilizarse calquera soporte de gravación: móbil ou cámara de vídeo.
    5.Formato: pode ser 3GP, 3GPP, MP4, MPG, SMV, FLV, AVI, MOV.
    6.Edición: poderanse utilizar ferramentas informáticas diversas para poñer títulos ou facela montaxe da microcurta.
    7.Data límite de entrega: 31 de xaneiro de 2012.
    8.Xeito de entrega: a microcurta entregarase no correo electrónico: obereteieschapela@hotmail.com. Enviarase ademais un documento adxunto cos seguintes datos: expresión ou palabra “moi galega”,nomes e apelidos dos integrantes do equipo e o curso ao que pertencen.
    9.Premios: os premios consistirán nun vale para gastar na librería Acuario:
    1º Premio: 50 Euros.
    2º Premio: 30 Euros.
    3º Premio: 20 Euros
    A entrega de premios será durante o mes de febreiro de 2012. O concurso poderá considerarse deserto en caso de que non haxa un mínimo de 10 curtas.
    10. Votacións: os gañadores/as do concurso decidiranse mediante votación do alumnado do instituto.
    Animádevos!

Os comentarios están pechados.