Lipdub EU FALAREI

LIPDUB EU FALAREI

TRAILER

MAKING OFF

O día 5 e xuño de 2012, a comunidade educativa do IES de Chapela (Redondela – GALICIA) gravou, despois dun longo proceso que comezou co inicio do curso escolar, este LIPDUB que aquí che ofrecemos. Eu falarei é un canto de amor en defensa da Lingua Galega, mais tamén é unha denuncia da situación que vive un idioma que esmorece lentamente vendo recortada a súa presenza nos medios de comunicación ou na propia escola, e que día a día perde falantes entre a xente nova. Alumnado, profesorado, persoal non docente, pais e nais, veciñas e veciños de Chapela, deron alento neste LIPDUB a unha lingua, a galega, que hoxe e no futuro… precisa de nós.

O EDLG do IES de Chapela decidiu permitir o libre uso do logo EU FALAREI por calquera entidade que teña como obxectivo a promoción ou defensa da Lingua Galega.


Licenza Creative Commons
LOGO EU FALAREI por EDLG IES de Chapela atópase baixo unha Licenza Creative Commons Atribución 3.0 Unported.


CARTACES DO PROCESO:

REPERCUSIÓN MEDIÁTICA

Entrevista na radio con motivo das 20000 visitas (xullo 2012)

1º Premio OUFF Escola no 17 Festival Internacional de Cine de Ourense, coincidindo coas 30000 visitas. (novembro 2012)

vídeo da recollida do premio:

 

 

 

 

 

 

 

 

 


 

 

 

 

 

 


 


VÍDEOS DO PROCESO DE CREACIÓN DO LIPDUB:

 

Letra completa Eu Falarei:

Levo máis de mil, anos no país,
a súa historia é a miña historia, o seu destino o meu,
nacín coas vosas devanceiras, contigo eu sigo a vivir,
son a lingua, a lingua propia da nación

de Breogán, dixo Pondal,
mirei as ondas con Mendinho, eu deitada fronte ao mar,
falei con labregas e reis, escuros séculos vivín,
con Rosalía e mais Curros comecei o rexurdir

Represión, persecución,
na ditadura, con firmeza resistín,
e hoxe en Galiza eu estou a esmorecer
dáme alento, hoxe preciso de ti

(subtitulado)
Oh no not I! I will survive!
Oh, as long as someone talks to me I know I'll stay alive.
I've got all my life to live,
And I've got all my love to give,
I'll survive, I will survive!

INTERLUDIO

Na música dos locais, non te podo oír,
prohibido o paso tes en tecno, mate ou física
Ti non estás nunca no cine, non te atopo nos xornais
eu falarei, como falou o meu avó

de Trasmañó, en Angorén,
ou en Laredo, en Igrexa e no Penisal,
todo berete falará, e Redondela escoitará,
á parroquia de Chapela, soar en galego xa

Ao coidar, e ao dispensar,
ou atendendo, ás crianzas do mañá,
e coas dietas ou arquivando no hospital,
no traballo, o galego soará

Eu falarei, sempre en galego,
Quero viva a nosa lingua outras mil primaveras máis
Non te vou deixar morrer, xa non vas esmorecer
Falarei, eu falarei
Siiiiii!

Ao estudar, ao traballar,
tamén ligando, ou de festa e a bailar,
se estou no tuenti ou xogando ao balonmán,
e remando, ate Rande ou máis alá

Eu falarei, sempre en galego,
Quero viva a nosa lingua outras mil primaveras máis
Non te vou deixar morrer, xa non vas esmorecer
Falarei, eu falarei
Eu falareiiiiiiiiiiiii

 

PARTICIPANTES NO CASTING:

Rematou o casting para o lipdub de EU FALAREI e o xurado seleccionou aos 26 cantantes que van defender o noso temazo. As nosas triunfiñas e triunfiños amosaron coraxe, determinación, sentimento, boa voz,…. pero sobre todo, amor pola lingua galega. Todo isto foi o que o xurado do casting tivo en conta para que sexan eles e elas quen graven este tema que a bo seguro ha de converterse nun grande éxito no país.
Fran (1º ESO); Alejandra, Ángel (2º ESO); Ricardo, Domingo, Carmen, Elsa, Patricia, Sergio, Miguel, María (3º ESO); Ruth, Jesús, Yeray, Dani, Nacho (4º ESO); Belén, Martín, Alba (1º Bach); Enrique, Alba, Elia, Saray (2º Bach); Eli, Iria (Ciclo de Atención Sociosanitaria). Trece mulleres e unha ducia de homes, de todos os niveis do IES de Chapela, amosarán o seu amor a unha lingua galega que interpretará no noso lipdub a alumna do Ciclo de Educación Infantil, Yovana Pérez.
Como mostra do bo traballo realizado ofrecémosvos o fragmento do tema que había que cantar interpretado por todas e todos eles, cada quen cun verso. Grazas por ter participado neste casting do que a mesma Gloria Gaynor se sentiría orgullosa. A finais deste mes esperamos gravar o audio, así que ide afinando esas voces. Unha aperta e adiante, queda aínda moito traballo por facer.

 

21 reflexións sobre “Lipdub EU FALAREI

  1. Pingback: O 5 de xuño a Lingua Galega PRECISA DE TI | O Berete

  2. Os meus parabéns por ese admirábel traballo no que se ven desexo de futuro e interese por defender a lingua do país. Da mesma maneira que aguantamos os séculos escuros, a ditadura, a ditablanda, a inxustiza, o desprezo, desta situación dificil tamén imos sair.

    AVANTE COA LINGUA GALEGA !!!!!!!!

  3. Ademais de arrincarme un duradeiro sorriso, déstesme folgos. Por iso eu, coma vós, falo e falarei.

    Noraboa polo traballazo e pola dignidade coa que está feito!

    Grazas a todos.

  4. A min arrincástesme máis ca un sorriso. Noraboa por tan bo e merecido froito: vese que hai moito esforzo e dedicación detrás. Noraboa a quen confía que as cousas poden mudar, e que é de xustiza mudalas. Que se estenda dende Chapela a todo o país, e que todas e todos falemos a nosa lingua. Avante!

  5. Que marabilla! Cando o vin por vez primeira, pareceume un traballo magnífico e enchoupado de amor e sentimento. Agora, despois de saber todo o traballo e a enerxía que se precisou, aínda o aprezo máis. Parabéns a todas as persoas que o fixeron posible.

  6. Aquí unha viguesa dende o outro lado do charco, a quen ademais de sorrisos arrancastes bágoas durante estes marabillosos 7 minutos.
    Emociona ver que todavía temos esperanza.
    Noraboa por todo o voso esforzo e ilusión. Non estamos sós e levamos o optimismo e a forza por bandeira…Unha aperta de corazón!

  7. Ao ver e escoitar o video nas brétemas de Bragado, emocioneime, cousa que non suducede a miúdo. Nestes tempos de nregrura, unha raiola. Non está todo perdido. Grazas.

    Unha aperta,
    Xabier Paz

  8. Emocionante, por ben feito, por colectivo, polo esforzo, polo cariño cheo de detalles, todos sentíndonos metidos naquela coca que buliga polo fondo. Sempre pensei que seríamos e seremos máis e mellores o día que cantemos xuntos.Fixéstelos de fábula e merecédes todos os parabéns do mundo.

  9. Emocionante traballo. Sodes un exemplo do que os galegos deberíamos facer polo noso país.

  10. Parabéns! A idea é xenial e a posta en escena moi conseguida. Fan falta máis iniciativas como esta para que a xente se decate de que a lingua só se conserva grazas ás ganas e o entusiasmo dos seus falantes.

    Dunha mallorquina indignada pola intransixencia e represion dalgúns gobernos autonómicos

  11. Emocionante! Un traballo magnífico! Moitas grazas por nos aprender o futuro!

  12. Parabéns por este magnífico traballo! Engancha e emociona dende o comezo : ) Pero sobre todo, da forzas para seguir defendendo e loitando polo noso.

    Grazas e un saúdo enorme para toda a xente que o fixo posíbel.

  13. xenial, xenial, xenial!!!! Pero sodes bárbaros: quedouvos super-profesional, e dá unha impresión moi divertida. Iso é o que nos fai falta: optimismo, empuxe e espírito de diversión asociado á lingua. Así si que vai sobrevivir!

  14. Noraboa a todos os que colaboraron neste excepcional traballo en defensa do idioma galego; sentimento, verdade e esperanza. “Os idiomas só se deixan enterrar cando algo de eles morreu de verdade”, comenta George Steiner. Vós demostrades que ese “algo” permanece vivo.
    Unha aperta,
    Alfonso

  15. A vangarda está en utilizarmos o máis tecnolóxico para expresar o noso sentir na nosa lingua… con dignidade e alegría.

  16. Noraboa por este traballo!e por defender algo tan importante e que forma parte da nosa identidade e que algúns pretenden facer desaparecer

Os comentarios están pechados.