Software en galego

TRABALLA EN GALEGO CO TEU COMPUTADOR!

Se aínda non tes o software na nosa lingua, podes descargalo nas seguintes ligazóns:

SISTEMAS OPERATIVOS: (preme na icona correspondente)

          

PAQUETES OFIMÁTICOS: (preme na icona correspondente)

        

NAVEGADORES: (preme na icona correspondente)

   

TRADUTOR PARA O GALEGO E DESDE O GALEGO:

CORRECTORES ORTOGRÁFICOS: (preme na icona)

        

REDES SOCIAIS:

Tuenti permite que configures a páxina en galego. Ademais, o servizo de atención ao usuario da web tamén atenderá aos usuarios que así o queiran na nosa lingua.

Para configurar o Tuenti en galego, se aínda o tes en castelán, segue estes pasos: Configuración>Preferencias>Preferencias de mi cuenta>Cambiar Idioma>Idioma>(seleccionar Galego).

Facebook permite que configures a páxina en galego. Indo a configuración e despois a idioma, pódese escoller o galego, aínda que de momento está en fase beta, polo que aínda ten algúns erros na tradución.

Para configurar o Facebook en galego, se aínda o tes en castelán, segue estes pasos: Frechiña superior dereita (dende o Inicio)>Configuración de la cuenta>Idioma>Editar>(seleccionar Galego).

Cabozo: trátase dunha rede social galega, feita por galegos e redactada integramente na nosa lingua. Incorpora servizo moi avanzados coma o da videoconferencia. Segundo os seus creadores, tratan de “converterse nunha iniciativa a través da cal fomentar o desenvolvemento de aplicacións web creadas en Galicia ou para os galegos baixo código propio ademais de destacar e identificar as xa existentes”.

Latri.ca: é unha rede social galega e redactada na nosa lingua, que permite comunicarse con outros usuarios a través de mensaxes de 200 caracteres. Permite tamén enviar fotos e vídeos e actualizar o teu estado ou indicar en todo o momento o que estás a facer, ben a través do ordenador ou do móbil

 

Podes atopar un listado completo de recursos en galego no enderezo http://www.xunta.es/linguagalega/o_galego_nas_novas_tecnoloxias