Día da Ciencia en Galego no IES de Chapela

cartel Día da Ciencia en GalegoO EDLG do IES de Chapela programou unha intensa actividade para o vindeiro 5 de novembro, III Día da Ciencia en Galego:

1. Exposición participativa “Do Big Bang ao LHC“, con sorteo de premios científicos entre os  e as  participantes achegados polos Departamentos de Ciencias do IES (Ciencias da Natureza, Física e Química, Tecnoloxía e Matemáticas).

Pica para ver a forma de participar e para ler  os textos dos paneis.

2. Conferencia “Pescudando nas orixes da materia“. Por Cibrán Santamarina, profesor da USC e investigador no CERN

3. Leonardo da Vinci  Cociñeiro. Verdade ou mentira?. Preparada polo alumnado do CM de atención a persoas en situación de dependencia.