Aberto o prazo do concurso de micro-relatos


Participa creando o teu micro-relato cun máximo de 100 palabras entre as que deben estar as resultantes do sorteo: BOCHECHA e ALOUMIÑEIRA

A entrega debes facela nunha URNA que estará NA ENTRADA DO CENTRO entre o 13/02/2012 e o 22/03/2012

Tes que entregalo da seguinte maneira. Atención!

  • Sobre pequeno cun papel dentro onde apareza o teu nome completo, curso e pseudónimo.

  • Sobre grande co sobre pequeno e o relato.

Haberá premios de 50, 40 e 30 euros para o primeiro, segundo e terceiro mellor relato.

 

Bolboreta, amizade e xoaniña, as palabras preferidas do IES Chapela

Amigas e amigos do Berete,
O pasado venres 27 de xaneiro, a comisión de micro-relatos do EDL levou a cabo unha votación entre o alumnado para determinar as palabras que deberán conter os textos que participen no concurso de micro-relatos.
Escolléronse duas palabras ó chou: BOCHECHAS e ALOUMIÑEIRA…quen queira participar no concurso xa ten material de partida co que traballar.
Seguiremos informándovos do desenvolvemento do concurso, mentras tanto deixámos unha listaxe alfabética con todas as palabras que votastes resaltadas de acordo co número de votos.